HomeDeportesQuiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Baixo o título "Aerodinámica, seguridade e pilotaxe", a formación será impartida por Marcos Gay, CEO de Galicia Parapente, técnico deportivo e experimentado piloto. Ao longo das sesións, compartirá cos asistentes coñecementos sobre a seguridade en voo e a correcta pilotaxe, aspectos fundamentais para a práctica deste deporte con garantías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro do parapente en Galicia cunhas xornadas formativas destinadas a pilotos desta modalidade. O evento, organizado polo Club de Parapente Quiroga en colaboración coa Federación Aeronáutica Galega e o Concello de Quiroga, terá lugar na Casa da Cultura en horario de 10:30 a 13:45 horas.

Baixo o título “Aerodinámica, seguridade e pilotaxe”, a formación será impartida por Marcos Gay, CEO de Galicia Parapente, técnico deportivo e experimentado piloto. Ao longo das sesións, compartirá cos asistentes coñecementos sobre a seguridade en voo e a correcta pilotaxe, aspectos fundamentais para a práctica deste deporte con garantías.

A seguridade no parapente, como na maioría dos deportes na natureza, baséase en tres piares fundamentais: unha formación axeitada, o uso do equipamento adecuado e as condicións meteorolóxicas favorables, algo que o Val de Quiroga ofrece en numerosas ocasións. Actualmente, esta disciplina deportiva conta cun alto nivel de seguridade grazas ao maior coñecemento do medio, aos avances tecnolóxicos nos materiais e á mellora na formación dos pilotos.

Ademais, as xornadas servirán como punto de encontro o sábado, para que persoas alleas ao mundo do parapente poidan achegarse a coñecer máis sobre esta modalidade. Os membros do Club de Parapente Quiroga estarán dispoñibles  para informar sobre como iniciarse neste deporte ou simplemente para compartir a súa paixón co público interesado que queira coñecer máis de preto o soño de voar.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...