HomeDeportesO Pavillón da Pinguela acolle o Preeuropeo de Voleibol Feminino sub-16

O Pavillón da Pinguela acolle o Preeuropeo de Voleibol Feminino sub-16

Desde este venres ata o domingo, 27 de abril, no pavillón da Pinguela desenvólvese o Preeuropeo de Voleibol sub-16 feminino que enfrontará ás seleccións de Italia, Finlandia, Austria e España por unha das dúas prazas que dan acceso a participar no Campionato de Europa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Gloria Prada, en representación do Equipo de Goberno, saudou ás xogadoras e desexou que acadaran o mellor resultado no Campionato Preeuropeo. As 16 xogadoras que estaban nunha das súas sesión de adestramento liderada polo seleccionador español, Juan Carlos Suárez, agradeceron o xesto de cariño e manifestaron o seu entusiasmo ante a competición.

Este sábado enfróntanse as seleccións de Finlandia e Italia, ás 17:00 h, e as seleccións de España e Austria ás 19:30 h. Na derradeira xornada do domingo terán lugar os encontros entre Austria e Finlandia ás 17:00 h. e España e Italia as 19:30 h.

Este evento deportivo organizado pola Federación Española de Voleibol e que conta co patrocinio do Concello de Monforte que aporta una subvención de 15.000 €, supón entre outras cousas, a posta en valor do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela que grazas á reforma da que foi obxecto no ano 2023, ten a capacidade de albergar eventos internacionais destas características.

Tamén supón unha importante promoción do voleibol nun Concello como o de Monforte que conta cun gran número de practicantes que realizan a súa actividade no Club Korbis e no C.V. Ribeira Sacra que á súa vez, colaboran activamente na organización do campionato.

A entrada é completamente gratuita e dende o Concello de Monforte animan a que se acheguen ó Pavillón Municipal da Pinguela para desfrutar desta competición e para animar á selección a que acade os mellores resultados posibles.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...