HomeDeportesÉxito de organización e a Selección Española sub-16 de voleibol clasificada para...

Éxito de organización e a Selección Española sub-16 de voleibol clasificada para o Campionato de Europa

O combinado nacional, que asegurou a súa participación no campionato europeo deste ano, gañoulle a Austria no partido disputado o pasado sábado no Pavillón de A Pinguela. O Concello de Monforte patrocinou o Preeuropeo de Voleibol Feminino sub-16 que organizaba a Federación Española.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración do ‘Preeuropeo de Voleibol Feminino sub-16’ en Monforte de Lemos supuxo, ademais dun éxito de organización, unha importante promoción do voleibol nun Concello que conta cun gran número de practicantes que realizan a sua actividade no Club Korbis e no C.V. Ribeira Sacra, clubs que ademais colaboraron activamente na organización do campionato.

O pasado domingo xugouse a última xornada que enfrentou ás seleccións de Italia, Finlandia, Austria e España por unha das dúas prazas que dan acceso a participar no Campionato de Europa. A selección Española, que asegurou a súa participación no Campionato de Europa tras vencer a Austria no partido disputado o sábado no Pavillón de A Pinguela, enfrontouse nesta última xornada a un dos equipos rivais mais fortes da competición que é foi a Selección Italiana. O partido deulle a vitoria á Selección Italiana con un axustado resultado, “nun encontro moi igualado e de máxima emoción no que a afección de Monforte volcouse coa Selección Española”, comentan fontes do concello.

España, asegurada xa unha das dúas primeiras posicións do grupo E, disputará o Campionato de Europa en Albania e kosovo, do día 2 ó 13 de xullo.

ORGANIZACIÓN DO EVENTO E AGRADECEMENTOS

Este evento deportivo estivo organizado pola Federación Española de Voleibol e contou co patrocinio do Concello de Monforte aportando una subvención de 15.000 €. A realización do mesmo supuxo, entre outras cousas, a posta en valor do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela –reformado no ano 2023– demostrando a súa competencia para albergar eventos internacionais destas características.

O Concelleiro de Deportes de Monforte, José Manuel Mougán, acudiu ao evento en representación do Concello e felicitou ás xogadoras da selección española polos éxitos acadados e polo nivel de xogo que demostraron no Preeuropeo, desenxándolles tamén sorte para o Campionato Europeo.

Pola súa banda, o Alcalde quixo transmitir a súa felicitación ao equipo español así como ao corpo técnico e tamén transmitir a súa satisfacción porque esta competición de alto nivel se celebrara en Monforte, convertendo a cidade como referente do voleibol. Así mesmo, agradeceu á Federación Española de Voleibol, así como ao Club deportivo Korbis e ao C.V. Ribeira Sacra, todo o traballo que están a facer por esta disciplina deportiva na cidade, así como a súa iniciativa por traer a Monforte esta competición.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...