HomeDeportesParticipación histórica na LI Subida a Chantada que se celebra do 25...

Participación histórica na LI Subida a Chantada que se celebra do 25 ao 27 de xullo

A Subida a Chantada, unha das citas máis características e multitudinarias na axenda anual do Concello, conta este ano con récord de inscritos e correrán na subida 102 vehículos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Parque Eloísa Rivadulla acollía este martes pola mañá a presentación da 51 Subida a Chantada que se desenvolverá entre o 25 e o 27 deste mes. Do acto de presentación participaron Alfonso Viana, presidente do comité organizador; Antonio Rodríguez, presidente da Federación Galega de Automobilismo; Diego Otero, concelleiro de Parques e Xardíns, e a concelleira de Deportes, Belén Vázquez Caseiro; ademais do delegado de Deportes en Lugo da Xunta de Galicia, Manuel Otero; a deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto e Iria Castro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Subida a Chantada, unha das citas máis características e multitudinarias na axenda anual do Concello, conta este ano con récord de inscritos e correrán na subida 102 vehículos, “hai un mes que a hostalaría de Chantada non ten prazas, a xente para a subida comeza a vir antes e pasan máis días aquí o que é un beneficio para a xente de Chantada”, explicaba desde a organización, Alfonso Viana, que presentaba esta edición como a primeira da segunda metade do século que esperan chegue a ter a Subida a Chantada.

A concelleira de Deportes, Belén Vázquez Caseiro, agradecía o esforzo da Escudería Chantada, “Detrás da organización deste tipo de probas hai un traballo enorme dun equipo humano implicado na seguridade e en que todo saia ben; desde o Concello de Chantada seguiremos apoiando toda actividade deportiva que divulgue o nome de Chantada”.

Caseiro animaba á participación repectando os viñedos e as normas de seguridade, “Dar á benvida aos que veñen de fóra, e os de aquí gozaremos coma sempre. Tamén coma tódolos anos insistimos en respectar os viñedos, que dan moito traballo durante todo o ano, e seguir conservando entre todos esta paisaxe da Ribeira Sacra que fai tan especial esta proba.”

Modificacións tráfico

A carreira desenvolverase nun percorrido de 4,3 quilómetros da estrada LU C-533, con saída desde a ponte vella para rematar na estrada de Chantada a Monforte de Lemos. A celebración da proba implica os cortes de tráfico habituais que xa levan días sinalizados, de modo que o sábado, 26 de xullo, cortarase o tráfico na LU C-533 desde as 10:00h. ata a finalización dos adestramentos, a última hora da tarde; e o domingo, 27 de xullo, a partir das 7:30h. ata as 15:00h. aproximadamente, dependendo do desenvolvemento da carreira. Habilítase desvío alternativo pola estrada CP – 1811 a través do encoro de Belesar.

A celebración da proba automobilística supón tamén modificacións no tráfico da vila. O parque pechado situarase na rúa Xoán XXIII, quedando pechada ao tráfico desde media mañá do venres, 25 de xullo.

A “Cerimonia de Saída“, na que se presentarán os 102 participantes, será o mesmo venres, ás 20:30h na Praza de Galicia, polo que quedará prohibido estacionar na Avda. de Monforte desde a media tarde do venres ata as 22:00h, hora prevista de finalización da ceremonia de saída.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...