HomeDeportesO Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en...

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

Dez piragüistas do club monfortino fixeron o percorrido dende Ribas Altas ata o embarcadoiro do Parque dos Condes desafiando ao frío e á falta de horas de sono da noitevella.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano remando nun percorrido que transcorre polo río Cabe dende Ribas Altas ata o Parque dos Condes onde está o embarcadeiro e teñen o local.

Este ano foron dez piragüistas os que apartaron a un lado a preguiza e desafiaron ao frío e á resaca de sono para meterse nas xélidas augas do Cabe. A cita era ás 10:30 h. no propio local para cargar as piraguas e achegarse ao comezo do percorrido na Azud de Ribas Altas. Dende este punto, e marcando o termómetro 2 graos, iniciaron a baixada duns catro quilómetros e con varios puntos nos que o atractivo son pequenos saltos de auga que lles fai subir a adrenalina aos participantes.

Varios fotógrafos de Monforte seguindo o descenso / XdL
Un dos saltos de auga no percorrido. Foto: Antonio Cortiñas.
Iván Gutiérrez no primeiro gran salto de auga no Azud de Ribas Altas. Foto: Antonio Cortiñas.

O presidente do Club, Iván Gutiérrez, foi este ano o guía do grupo no que estiveron Noa, Sara, Nerea, Gabriel, Diego, Lucas, Xoel, Manuel e Breixo. O director técnico, Santiago Díaz, non puido estar nesta ocasión.

Nun dos fermosos tramos do río Cabe / XdL

A chegada ao Parque dos Condes tivo lugar ás 12:30 h. Alí desembarcaron, cambiáronse e degustaron un merecido chocolate quente con galletas e biscoito.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase...

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar...

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e...