HomeDeportesO Club Quixós de piragüismo 2º na 1ª Copa de España de...

O Club Quixós de piragüismo 2º na 1ª Copa de España de Augas Bravas Sprint e Clásica

Unha pequena expedición do equipo monfortino competía esta pasada fin de semana en terras catalás, concretamente en Sort e en Lleida. Noa, Sara e Ximena, protagonistas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Quixós desprazouse ata Cataluña para participar na 1ª Copa de España de Augas Bravas Sprint e Clásica da tempada. A competición da modalidade de Sprint celebrouse na localidade de Sort, e a de Clásica en Lleida, sábado e domingo respectivamente.

Nas dúas competicións, o Quixós quedou segundo por equipos e tendo as piragüistas Noa e Sara un especial protagonismo. Na xornada do sábado 21 de marzo Noa Díaz acadou na modalidade de sprint dúas medallas: ouro en K-1 sénior e prata en C-1 sénior. Pola súa banda, Sara Inés conseguiu outros dous metais: prata en K-1 junior e bronce en C-1 senior. Ademais das anteriores, Martín Prats acadou un bronce en K-1 junior.

Na mesma xornada do sábado, en patrullas, Ximena, Sara e Noa levaron un ouro en C-1 sénior; e Ximena, Nerea e Noa, prata en K-1 sénior.

XORNADA DO DOMINGO

O domingo, día 22 de marzo, celebrábase a modalidade de clásica. Traen medallas para Monforte Sara Inés, un ouro en K-1 junior; Ximena Prats, bronce en C-1 sénior; e Noa, bronce en K-1 sénior. Salientar a participación de Efrén cun 4º posto en K-1 junior, e unha 5ª praza en C-1 sénior; así como os postos dos veteranos Iván, Santi e Jose, cun 6º, 7º e 8º posto respectivamente.

DECLARACIÓNS DE SANTI DÍAZ

O director técnico do club, Santi Díaz, declaraba estar moi contento cos resultados acadados. En palabras súas, “os rapaces, sobre todo en Sort que é un tramo de río bastante potente, de feito o ano que vén vaise facer o Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas… a verdade é que se portaron de marabilla. Colleron a liña que tiñan que coller. A valoración é moi positiva, máis sabendo onde adestramos e ir a un río deste nivel e traer estas medallas… pois moi contento!”

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...