HomeDeportes29 de marzo de Enduro en Pantón con pilotos de primeiro nivel...

29 de marzo de Enduro en Pantón con pilotos de primeiro nivel e éxito de participación

Este domingo, 29 de marzo o Concello de Pantón acolle unha nova celebración de Enduro, proba valedoira para a Liga de Moto Café Candelas. Ademais utilizarase o percorrido das especiais para facer a proba con miras ao Campionato Europeo do 2027.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo a saída será ás 10:30h desde a Praza do Concello para facer os circuítos do alto de Guítara. Esta cita co Enduro está organizada pola Liga de Moto de Campo coa colaboración do Concello de Pantón e doutras entidades. Ademais das especiais de Guítara contarase con probas na contorna do colexio Monte Baliño, “trátase de probas pensadas para que a xente as teña fácil para seguir, así en colaboración coa organización mantéñense estas probas para achegar o espectáculo á propia capitalidade municipal”, explica o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

Ata o momento cóntase con 120 pilotos inscritos, desde a organización destacan o éxito de inscricións e o nivel dos participantes, “Pasar do cento de inscritos sempre é un éxito, de momento estamos en 120 e seguirán aumentando. Destaca tamén o nivel dos pilotos cunha ducia de pilotos da categoría Elite dos que a metade acaban de participar do Nacional estando entre os 20 mellores o que será un auténtico luxo”, asegura Javier Quintas, responsable deportivo da Liga da Moto.

“Este domingo o motociclismo regresa a Pantón para que a afección poida desfrutar do enduro, e tamén da gastronomía, o patrimonio e a cultura do noso municipio. Desde o concello faise unha aposta clara pola dinamización do deporte e do noso territorio”, conclúe o rexedor local que convida á participación nesta cita.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...