O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado do Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregaron o trofeo de Campión Galego de Voleibol Xuvenil Masculino ao equipo monfortino Korbis Lambetadas tras a final disputada este domingo no Pavillón Polideportivo da Pinguela.
O Korbis Lambetadas de Monforte e o CV Vigo enfrontáronse nunha emocionante final á que chegaron logo de gañar as semifinais contra o Arenal Emeve Lugo e o CV Oleiros, respectivamente. O Korbis alzouse coa vitoria no quinto set e logra así o pase ao Campionato de España de Clubs representando a Galicia na súa categoría. O trofeo de mellor xogador do Campionato foi para o xogador do Korbis Izan Rodríguez Beltrán.
Clasificación
1º. Korbis Lambetadas
2º. CV Vigo
3º. Arenal Emeve Lugo
4º. CV Oleiros
CAMPIONATO GALEGO DE VOLEIBOL XUVENIL FEMININO
A final do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Feminino enfrontou o pasado sábado 28 de marzo ás 18.30 horas ao Arenal Emeve Lugo co CV Cidade de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o equipo local do Korbis Lambetadas e o CV Oleiros, respectivamente. As lucenses, que xa foron campioas da Liga, fixéronse co partido no cuarto set. O equipo representará a Galicia no Campionato de España de Clubs na súa categoría,
Clasificación
1º. Arenal Emeve Lugo.
2º. CV Cidade da Coruña.
3º. CV Oleiros
4º. Korbis Lambetadas

