HomeDeportesO Quixós, campión da II Copa Galega de Promoción Slalom

O Quixós, campión da II Copa Galega de Promoción Slalom

O club monfortino de piragüismo, que competía este domingo 12 de abril en O Cordeiro, Salvaterra de Miño, acadou seis medallas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As promesas do Club Quixós de Piragüismo competiron este pasado domingo, 12 de abril, no río Tea. Concretamente no tramo onde se atopa a Praia Fluvial de Cordeiro, no Concello de Salvaterra do Miño.

O circuíto non era de gran dificultade e as augas tampouco estaban excesivamente bravas co cal todos e todas as participantes descenderon sen problemas acadando bos tempos en xeral.

Ao remate da competición, o Club Quixós quedou primeiro por equipos con 213 puntos. E por detrás del, no podium, o Club Piragüismo Dumbría, con 163, e como terceiro o Club Piragüismo Penedo-Teimporta con 159. Esta posición alcanzouse grazas ás seis medallas individuais acadadas.

Piragüista do Quixós no río Tea. Foto: XMF
MEDALLEIRO

Xoel Fernández gañou 2 medallas de ouro na categoría infantil; unha en C-1 e outra en K-1. Tamén en infantil, Lucas Pavón volveu para Monforte cunha prata en K-1. Xunto a eles, subiron ao podio Breixo Fernández, cunha prata en C-1 alevín; Manuel Rodríguez, cun bronce en K-1 alevín; e Juan cunha prata en K-1 benxamín.

Foto de familia coas promesas do Club Quixós. Foto: XMF

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...