As bases do concurso aprobáronse este luns, 13 de abril, na Xunta de Goberno Local e poden consultarse na páxina web do Concello.
As categorías que se establecen son as seguintes:
- Mellor deportista, masculino e feminino, absoluto.
- Mellor deportista promesa, masculino e feminino.
- Mellor adestrador ou adestradora.
- Mellor árbitro/a ou xuíz/a.
- Mellor equipo de categoría de base.
- Mellor equipo de categoría absoluta.
- Mellor entidade deportiva na promoción do deporte.
- Premio á deportividade e ó xogo limpo.
A presentación de candidaturas poderán ser feitas polos propios candidatos ou por terceiras persoas, sen límite de candidaturas por propoñente. As solicitudes deberán conter, obrigatoriamente, a seguinte documentación:
- Instancia de solicitude asinada pola persoa interesada.
- No caso de optar ao premio de mellor deportista, absoluto ou promesa, e mellor adestrador/a, relación detallada dos logros deportivos conseguidos durante o ano 2025 en campionatos oficiais, indicando con claridade todos os datos da competición (denominación, datas, categoría, etc.)
- No caso de optar ao premio a mellor árbitro/a, relación detallada da súa actividade como árbitro/a – xuíz/a durante o ano 2025.
- No caso de optar ao premio de mellor equipo, promesa ou absoluto, relación detallada dos logros deportivos conseguidos durante o ano 2025 en campionatos oficiais indicando con claridade todos os datos da competición (denominación, datas, categoría, etc.)
- No caso de optar ao premio á mellor entidade na promoción do deporte deberase facer unha exposición de motivos na que se fagan constar as razóns polas que deberían ser considerados como entidade deportiva máis distinguida en canto á promoción do deporte.
- Para participar na categoría de premio á deportividade e ó xogo limpo deberase entregar unha memoria explicativa das actitudes de autoestima, cooperación, responsabilidade e tolerancia no deporte que o candidato mostrou durante a actividade levada a cabo no ano 2025.
O xurado cualificador estará composto polo Alcalde do Concello de Monforte, en calidade de presidente do mesmo, o Concelleiro de Deportes e 3 persoas máis relacionadas co deporte local, provincial ou autonómico. Nesta edición, dito xurado reunirase previamente para facer as propostas de candidaturas que considere oportunas, que se sumarán ás presentadas voluntariamente ou por terceiras persoas.
Unha vez finalizado o prazo de solicitudes farase pública a listaxe das candidaturas que optan á elección. En cada unha das categorías haberá un único vencedor que recibirá un trofeo acreditativo. Pola súa banda, os participantes non premiados recibirán un agasallo conmemorativo do concurso.

