HomeDeportesA Rota do Románico de Pantón córrese o 30 de maio

A Rota do Románico de Pantón córrese o 30 de maio

Esta carreira popular que reúne cada ano a ducias de corredores de todas as idades é unha das propostas deportivas de máis traxectoria no concello. Este 2026 celebra 24 edicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As inscricións están abertas en www.championchipnorte.com ata o mércores 27 de maio ás 23:59 horas. Neste 2026 esta tradicional cita deportiva está organizada polo Concello de Pantón coa colaboración de iNNOHEROICA. As actividades deportivas inclúen probas de running en roteiro, deporte para escolares e sendeirismo. A inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria, avituallamento á finalización da proba e festa final. Os dorsais recolleranse a partir das 16.30 o día da proba ata 10 minutos antes do comezo de cada unha das disciplinas na zona de saída, na Praza do Concello. Os menores de 18 años deberán inscribirse coa autorización dun adulto que se responsabilice.

Establécese a seguinte axenda e distancias segundo a proba:

  • A Andaina dará comezo ás 17:00h para percorrer 12,5Km
  • As Carreiras de Peque Corre Pantón para escolares menores de 14 anos terán a saída ás 18:15h: Mini 2021-2023 distancia 50m / Prebenxamín 2019-2020 distancia 400m / Benxamín 2017-2018 distancia 400m / Alevín 2015-2016 distancia 800m / Infantil 2013-2014 distancia 1.100m / Cadete 2011-2012 distancia 1.100m.
  • A Carreira Absoluta comezará ás 19:00h para unha distancia de 6.27Km

A organización establece un tempo máximo para a Carreira Popular de 1 hora. O tempo máximo para finalizar a Andaina será de 3 horas. As propostas infantís son non competitivas. A actividade Peque bos hábitos comezará ás 19:05h e ás 19:30h dará inicio a merenda para entregar os premios despois das 19:45. Todas as categorías da carreira popular divídense por xénero masculino e feminino recibindo premio, que non son acumulativos, as tres primeiras prazas de cada unha:

  • Promesa, nados/as entre 2013 e 2009
  • Senior, nados/as entre 2008 e 1987
  • Master A, nados/as entre 1986 e 1976
  • Master B, nados/as entre 1975 e 1966
  • Master C, nados/as entre 1966 e anteriores
  • Absoluta, calquera das anteriores

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca o espírito deportivo e popular desta cita e anima á participar nesta xornada de promoción dos valores deportivos tanto aos posibles corredores como á xente que queira desfrutar da Rota como espectadora.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...