HomeDeportesMáis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

O evento contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros por un percorrido completamente urbano, e catro probas de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, dirixidas a menores, en función das idades. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26 de abril, conta xa con 1.081 persoas incluídas nos listados de participación. O rexedor, José Tomé, anima aos monfortinos e monfortinas, e aos afeccionados a este deporte en xeral, a inscribirse nun evento “que encherá de corredores e corredoras as rúas máis céntricas da cidade”, afirma. Esta carreira, engade, “xa é unha tradición na nosa cidade e tamén unha referencia no calendario dos corredores e corredoras doutras localidades”. A inscrición é totalmente gratuíta, a través da páxina web www.monforte10k.com.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará co seu tradicional percorrido de 10 km para a carreira absoluta, así como percorridos para as carreiras de categorías menores, en función da idade das persoas participantes. Ata o momento son 1.081 inscritos, que por categorías distribúense do seguinte xeito:

  • Mini (2022 e posteriores): 87
  • Prebenxamín (2019-2021): 217
  • Benxamín (2017-2018): 162
  • Alevín (2015-2016): 127
  • Cadete (2011-2012): 99
  • Absoluta (2010 e anteriores) 389

Diferentes percorridos e categorías

A carreira absoluta, de 10.000 metros, discorrerá por un percorrido completamente urbano que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade. Así mesmo, establécense catro probas dirixidas a menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avenida de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avenida de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km no que os corredores e corredoras terán que dar dúas voltas. Todas as carreiras, incluídas as de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini, que non é competitiva.

Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.

  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
    • 1º clasificado: 300 €
    • 1ª clasificada: 300 €
    • 2º clasificado: 200 €
    • 2ª clasificada: 200 €
    • 3º clasificado: 100 €
    • 3ª clasificada: 100 €
  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as  en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ao finalizar a carreira, así como un agasallo conmemorativo do evento.

A entrega de dorsais individuais realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida: Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía): Venres 24 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Sábado 25 de abril: de 9:00 a 14:00 h. Puntos de recollida fóra de Monforte: haberá puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte. Envío do dorsal a domicilio: Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.

ÚLTIMAS

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...