HomeDeportesSara Inés Varela, protagonista na 3ª Copa de España de Slalom Olímpico

Sara Inés Varela, protagonista na 3ª Copa de España de Slalom Olímpico

A localidade catalá de La Seu d'Urgell acolleu esta fin de semana unha importante competición a nivel estatal na que a piragüista monfortina do Club Quixós acadou dúas medallas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A piragüista do Club Quixós vén de pechar unha brillante fin de semana no Parc Olímpic del Segre, na vila de La Seu d’Urgell. Alí celebrouse a 3ª Copa de España de Slalom Olímpico cun alto nivel de participantes e de calidade.

Sara Inés Varela competía na categoría junior acadando en K-1 unha medalla de prata, e en C-1 unha de ouro. Por equipos, o Quixós quedou na sexta posición, sendo o club galego mellor clasificado dos 4 que competían.

Sara Inés no alto do podium en La Seu d’Urgell. Foto: Quixós.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...