HomeDeportesO CP Calasancio faise co V Torneo Cidade de Monforte Fútbol 11...

O CP Calasancio faise co V Torneo Cidade de Monforte Fútbol 11 Alevín

O sábado pola tarde rematou o V Torneo Cidade de Monforte de Fútbol-11 Alevín, que se disputou nas instalacións do C.P. Calasancio. A competición remataba coa entrega de trofeos da que participaron o alcalde de Monforte José Tomé, xunto con Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, presidente do Club, Juan Carlos Díaz Pérez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na competición, organizada polo Club Calasancio en colaboración co Concello de Monforte, participaron un total de 10 equipos procedentes das catro provincias galegas: SD Sarriana, Sagrado Corazón de Lugo, Barbadás, Santa Mariña de Vigo, Sada SD, UD Ourense, Ourense CF, CD Rúa, CP Calasancio e ED Calasancio de Monforte.

O CP Calasancio de Monforte proclamouse campión tras disputarse a final contra o CF Ourense. O Alcalde felicitou a todos os participantes e trasladou os parabéns aos gañadores.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...