HomeDeportesA Gala do Deporte de Monforte premia o 26 de xuño o...

A Gala do Deporte de Monforte premia o 26 de xuño o esforzo e dedicación de deportistas locais, clubs, persoal adestrador, técnico e de arbitraxe

O concello de Monforte ten prazo aberto desde o 17 deste mes ata 13 de outubro para solicitar as axudas para os clubs deportivos monfortinos que participen en campionatos de España, Europa e mundiais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Gala do Deporte desenvolverase a partir das 20.30h para dar a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso. O evento pon o colofón á XI edición dos Premios do Deporte, organizados polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes para recoñecer ás e ós atletas e clubs máis destacados do ano 2025. O obxectivo, incide o alcalde, José Tomé, “é premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs e persoal adestrador, técnico e de arbitraxe do noso Concello”.

En total, presentáronse 40 candidaturas:

CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
ALAIN VÁZQUEZBALONCESTO
IKER FERNÁNDEZ CODESIDOATLETISMO
ALEJANDRO LOSADA RODRÍGUEZTAEKWONDO
DANIEL PENA MARIÑOVOLEIBOL
AARON VÁZQUEZ RODRÍGUEZCICLISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA
CANDIDATAMODALIDADE DEPORTIVA
SARA INÉS VARELA CORTIÑASPIRAGÜISMO
LUCÍA ROCA RODRÍGUEZTAEKWONDO
LAURA GUTIÉRREZBALONCESTO
NOA DÍAZ QUINTIÁNPIRAGÜISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
LUCAS PAVÓN SANMARTÍNPESCA
XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZPIRAGÜISMO
IAGO SÁNCHEZBALONCESTO
GABRIEL PINTO ÁLVAREZTAEKWONDO
ISMAEL RODRÍGUEZ NIEVESATLETISMO
ERIC VÁZQUEZ RODRÍGUEZCICLISMO
CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA
CANDIDATAMODALIDADE DEPORTIVA
EMMA MANTILLABALONCESTO
ANDREA GUDÍN PÉREZNATACIÓN
SARA PEREZ PALLÍNATLETISMO
SABELA NIEVES RODRÍGUEZATLETISMO
CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A
CANDIDATO/AMODALIDADE DEPORTIVA
RODRIGO COTA PÉREZVOLEIBOL – VOLEI PRAIA
JOSÉ ANTONIO OROZCO VÁZQUEZATLETISMO
ARÓN GONZÁLEZ RODRÍGUEZTAEKWONDO
CELIA PÉREZBALONCESTO
DANIELA JOHANA LAMÚS LÓPEZFÚTBOL
CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A
CANDIDATO/AMODALIDADE DEPORTIVA
JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZTAEKWONDO
RUBÉN CASTRO PORTELAATLETISMO
CATEGORÍA MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
C.B. VAL DE LEMOSBALONCESTO
CLUB TAEKWONDO NEKATAEKWONDO
C.N. MONFORTENATACIÓN
CLUB QUIXÓSPIRAGÜISMO
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO DE CATEGORÍA ABSOLUTA
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
EQUIPO VETERANAS C.B. VAL DE LEMOSBALONCESTO
TRÍO ALEJANDRO LOSADA, CARLOS REY, MARCO RODRÍGUEZTAEKWONDO
CATEGORÍA MELLOR EQUIPO CATEGORÍA DE BASE
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
EQUIPO ALEVÍN C.B. VAL DE LEMOSBALONCESTO
EQUIPO FEMININO CAMPO A TRAVÉS SUB-16 A GÁNDARAATLETISMO
EQUIPO INFANTIL A C.P. CALASANCIOFÚTBOL
CATEGORÍA DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO
CANDIDATOMODALIDADE DEPORTIVA
C.B. VAL DE LEMOSBALONCESTO
EUGENIO GARCÍA CABELLOSTAEKWONDO
C.N. MONFORTENATACIÓN
RAMIRO MÉNDEZ RODRÍGUEZATLETISMO
IZAR DACOSTA LÓPEZCICLISMO

12.000€ en axudas para os clubs deportivos monfortinos

Coa finalidade de apoiar a participación de clubs deportivos monfortinos en campionatos de España, de Europa ou do mundo, o Concello de Monforte mantén aberta unha liña de axudas destinadas a financiar os gastos derivados da inscrición nestes eventos. A nova convocatoria, dirixida a cubrir as competicións celebradas entre o 14 de outubro de 2025 e o 13 de outubro de 2026, conta cunha contía total de 12.000€ e o prazo para solicitar as axudas está aberto desde hoxe, 17 de xuño, ata o propio 13 de outubro de 2026.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sinala que, “o deporte monfortino vive un momento moi bo e son varios os clubs que se clasifican para participar en campionatos nacionais e internacionais. Desde o Equipo de Goberno queremos contribuír a que poidan acudir a estas competicións, xa que somos conscientes do esforzo económico que isto supón”.

Trátase dunha liña de axudas que se concederá por procedemento de concorrencia non competitiva a clubs deportivos do Concello de Monforte que participen en Campionatos de España, de Europa ou do mundo propios da súa modalidade deportiva. As solicitudes de subvención presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nas bases, tramitaranse e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro. As contías establecidas son as seguintes:

-Modalidades deportivas de equipo (fútbol, voleibol, baloncesto, etc.):

  • Participación nun campionato de España: 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado en España: 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado fóra de España: 1.500€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado en España: 1.000€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado fóra de España : 2.000€.

-Modalidades deportivas individuais (natación, piragüismo, etc.):

  • Participación nun campionato de España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato de Europa organizado fóra de España: 300€ por deportista ata un máximo de 1.500€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado en España: 200€ por deportista ata un máximo de 1.000€.
  • Participación nun campionato do mundo organizado fóra de España : 400€ por deportista ata un máximo de 2.000€.

Os interesados poderán presentar ata tres solicitudes de subvención, sempre e cando sexan pola participación en campionatos de diferente ámbito xeográfico ou territorial (España, Europa, mundial). No caso de que un club participe en varios campionatos do mesmo ámbito xeográfico ou territorial, poderá presentar unha única solicitude.

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións e clubs deportivos legalmente constituídos, que estean inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións Deportivas, que teñan a seu domicilio social no Concello de Monforte de Lemos e que cumpran, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:

  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Non ser debedor co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  • Non ser debedor coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  • Non estar incurso en prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas
  • Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.

      Os gastos subvencionables a través desta convocatoria son os seguintes:

      -Federativos ( canons federativos, inscricións en competición, etc.).

      -Gastos de desprazamentos para a participación nas competicións deportivas obxecto da convocatoria (quedan excluídos os gastos de combustible cando o vehículo non estea matriculado a nome do Club Deportivo).

      Enténdense por gastos de desprazamentos aqueles que teñan os clubs deportivos con motivo da asistencia a competicións fora do ámbito municipal obxecto da convocatoria, do tipo de:

      •   Gastos de transporte

      •   Gastos de hoteis e manutención

      Será preciso acreditar a relación entre o gasto e a competición. A instancia e a documentación deberá presentarase obrigatoriamente a través de medios electrónicos tal e como se establece na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

      ÚLTIMAS

      O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

      O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

      Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

      Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

      Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

      A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...