HomeDeportesPremios ao mellor do deporte monfortino

Premios ao mellor do deporte monfortino

Este venres a última hora da tarde, a Casa da Cultura de Monforte acolleu unha nova edición da Gala do Deporte de Monforte de Lemos, que homenaxe ós/ás mellores deportistas e clubes do municipio no último ano. O acto que encheu o salón de actos comezou cun minuto de silencio polas víctimas dos terremotos en Venezuela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor municipal, José Tomé, presidiu a celebración e destacou que, “este bo momento que estamos vivindo no deporte monfortino, é posible porque temos unha boa canteira de homes e mulleres, con excelentes cualidades para a práctica deportiva, que están acadando éxitos asombrosos aos que lles temos que agradecer que poñan o nome da nosa cidade no mais alto das competicións deportivas”.

O alcalde lembrou que neste ano, “as axudas ós clubs superan os 132.500€. Mantéñense tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€, e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, posta en marcha polo Alcalde en 2022, alcanza os 12.000€. En total, superamos os 154.000 € este ano 2026”.

Por outra banda, o concello puxo en marchas obras como a reforma dos campos de fútbol de herba artificial, a reforma das pistas de tenis, e a instalación de novos toldos parasol na grada do campo municipal de fútbol da Pinguela. Destacan os máis de 6M€ na reforma integral do pavillón polideportivo da Pinguela, a reforma integral da piscina municipal climatizada e o acondicionamento da contorna do complexo deportivo da Pinguela, que supón o colofón das melloras realizadas nas instalacións deportivas. “Podemos afirmar que a día de hoxe temos unhas instalacións deportivas modernas, adecuadas para todo tipo de eventos deportivos, respectuosas co medio ambiente, cómodas e accesibles”.

Finalmente, José Tomé rematou a súa intervención agradecendo a asistencia de todos os presentes, tanto ós deportistas como os seus familiares e amigos, e felicitou a todos os candidatos e candidatas así como ós premiados e premiadas, “porque todos eles teñen un palmarés deportivo excelente, e contribúen a poñer en valor o deporte monfortino”.

Na entrega de premios, ademais do Alcalde, tamén estiveron presentes e participaron diversos membros do Equipo de Goberno, a Tenente Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán, de Servizos, José Luis Losada, de Muller e Igualdade, Regina López, de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, así como diversos membros da Corporación municipal.

Premiados da 11ª Gala do Deporte de Monforte

En total, foron 40 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025. Cun salón de actos ateigado de deportistas e familiares, o acto, conducido por Manola Porto, plasmou a homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2025. Os gañadores e gañadoras da 11ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:

  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA: SARA PÉREZ PALLÍN
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA: XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ
  • MELLOR ÁRBITRO/A: RODRIGO COTA PÉREZ
  • MELLOR EQUIPO DE BASE: EQUIPO INFANTIL C.P. CALASANCIO
  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA: NOA DÍAZ QUINTIÁN
  • MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: TRÍO ALEJANDRO LOSADA, CARLOS REY E MARCO GARCÍA
  • MELLOR ADESTRADOR/A: JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZ
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO: ALEJANDRO LOSADA RODRÍGUEZ
  • DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO: CLUB NATACIÓN MONFORTE
  • MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE: CLUB QUIXÓS

Por outra banda, fóra de concurso fixéronse recoñecementos a:

  •  LUIS DÍAZ FERNÁNDEZ (NACHO)
  • DEPARTAMENTOS DE EDUCACIÓN FÍSICA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE PRIMARIA DO CONCELLO DE MONFORTE:
  • Colexio PP. Escolapios
  • Colexio Ferroviario
  • Fundación Educativa Torre de Lemos
  • CEIP Monforte
  • CEIP A Gándara

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...