HomeDeportesJoseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

O vasco Joseba Iraola coa barqueta Nova Proto NP01-2 alzouse coa vitoria na primeira edición da Subida Ribeira Sacra de Chantada que se celebrou esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de competición (dúas cada día) das que a suma dos dous mellores tempos computou o resultado final. En total o de Balmaseda sumou 3.23:610 superando así ao catalán Jordi Vilardell que cunha Nova Proto NP03 distanciouse en 0.09:470 do vencedor.

As dúas primeiras prazas estiveron bastante claras desde a xornada sabatina, deixando a batalla por librar na terceira praza do podio en mans do lucense José Antonio Alonso Liste e o Tatuus F3 T-318 e a barqueta Osella PA21-JRB do ourensán, Abraham Vázquez que mantiveron unha intensa loita por esa posición sendo ao cabo a terceira praza para o de Celanova Motor coa Osella.

Na Categoría I o asturiano José Antonio López Fombona impuxo o seu Audi do DTM a pesar da mala xornada sabatina, chegáronlle as dúas subidas dominicais para superar a un Bernardo Garcia de Castro que situou o seu Porsche 911 GT3 na segunda posición a pesar de sufrir unha lixeira saída na última carreira.

Na Categoría III non se moveu nada desde os primeiros compases, cun Adrián Artidiello que impuxo un excelente ritmo co SilverCar S3 ante o segundo clasificado David Cánovas e o seu Talex M3, deixado a terceira posición para Alfonso Ventín cun Yacarcross.

Trofeo Esklusive Auto-Talleres Convento

Yelco Álvarez, cun Forwin TC5F, impúxose a un Jorge Pérez que estivo intratable co Porsche 911 GT3 Cup, que se levou a vitoria en carrozados. O terceiro dos autonómicos resultou ser Alberto Otero cun Hyundai i20WRC.

A I Subida Ribeira Sacra tomou así a substitución da anterior proba, contando coa presenza de numeroso público sobre todo na xornada dominical. Foron dous días intensos nos que destacou a montaxe de seguridade que a organización executou impecablemente, e nos que os afeccionados desfrutaron un ano máis do Campionato de España de Montaña-AutoHebdoSport en Galicia e dun trofeo autonómico cos mellores pilotos da comunidade.

Fombona / I Subida Ribeira Sacra de Chantada

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...