HomeDeportesMonforte concentrouse na Praza de España para ver como España gañaba o...

Monforte concentrouse na Praza de España para ver como España gañaba o Mundial de Fútbol

Para esta ocasión, o Concello de Monforte instalou unha pantalla xigante diante do cruceiro da Praza de España. Un acto aberto a todas as persoas interesadas que obtivo unha extraordinaria resposta por parte da afección monfortina, que encheu a Praza xa nas horas previas ao inicio do encontro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, celebra o éxito da Selección Española na Final da Copa Mundial de Fútbol e o seguimento masivo do partido na pantalla xigante que o Concello de Monforte de Lemos instalou este domingo na Praza de España para que a veciñanza puidera compartir este momento. Máis dun milleiro de persoas, a gran maioría xente nova, déronse cita na céntrica Praza, que se converteu no gran punto de encontro da cidade para os afeccionados da Roxa.

O ambiente festivo, a emoción durante todo o encontro e a celebración ao remate do partido converteron o centro da cidade nun auténtico espazo de celebración colectiva, “A nosa intención era que os afeccionados puideran desfrutar e compartir este gran acontecemento e está claro que o conseguimos.”

José Tomé engade que “o deporte ten unha enorme capacidade para unir ás persoas, e onte puidemos comprobalo unha vez máis. Vimos familias enteiras, grupos de amigos, nenos, mozos e maiores animando xuntos, compartindo emocións e celebrando un éxito deportivo que pasará á historia e que, sen dúbida, todos recordaremos”.

Tamén quixo felicitar aos xogadores e ao corpo técnico da Selección Española. “Fixeron un campionato extraordinario, demostrando talento, compromiso e espírito de equipo. Son un exemplo para a mocidade e un orgullo para todo o país. Quero trasladarlles os parabéns en nome de todos os monfortinos e monfortinas”.

Final Mundial 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...