HomeDeportesApertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de...

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O luns, 7 de setembro, abre o prazo de inscricións cunha oferta de 283 prazas para nenos e nenas e persoas adultas en 8 actividades das Escolas Deportivas Municipais. Ademais, a Piscina Climatizada Municipal oferta un total de 264 prazas repartidas en 26 grupos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con 283 prazas dispoñibles, que se dividen en modalidades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e adultos (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas: Golf, Pádel, Kung Fu e Zumba infantil.

Actividades para adultos: Ximnasia de mantemento, Tai Chi, Ioga e Zumba.

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e participante é de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica. O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 de setembro ás 9:00 h. e o 18 de setembro ás 23:59 h. O 23 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. Dita lista confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

Se unha vez finalizado o prazo de inscrición quedaran prazas vacantes, aquelas persoas que estean inscritas nalgunha actividade poderán inscribirse tamén nas modalidades nas que queden prazas libres. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas

Para acceder aos formularios de inscrición así como para coñecer as prazas que hai por cada grupo, os requisitos para anotarse e a documentación necesaria a presentar pódese consultar a páxina web do Concello de Monforte.

ACTIVIDADES NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

Na piscina climatizada municipal tamén se van ofertar un número importante de cursos e actividades. En total 264 prazas repartidas en 26 grupos. Os cursos organízanse en tres trimestres, darán comezo a principios de outubro e cada un deles ten unha carga horaria de 2 clases á semana de 45’ cada unha.

Os Socios/as da piscina interesados en matricularse poden facelo a partir do 14 de setembro, e os non socios/as da piscina a partir do 17 do mesmo mes. Para recibir máis información sobre os cursos ofertados na piscina municipal as persoas interesadas poden dirixirse ao propio centro, consultar a web do concello ou facer a súa consulta a través do teléfono 982 202 965 ou do correo electrónico apinguela@ideasdebolina.com

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...