Homesociedade330.000 euros na renovación dos 2 campos de fútbol da Medela, en...

330.000 euros na renovación dos 2 campos de fútbol da Medela, en Taboada

A Deputación Provincial destinou 330.000 euros a estas actuacións de mellora, das que máis de 100 deportistas se beneficiarán na vindeira tempada.

Publicado o

- Advertisement -

No Concello de Taboada hai 3 equipos de fútbol que usan estas instalacións, Taboada Club de Fútbol, Atlético Taboada e Taboada Veteranos. Durante esta tempada, os xogadores tiveron que desprazarse a outros Concellos limítrofes para competir nas respectivas ligas debido ás obras no campo municipal.

Desde a Deputación sinalan que os traballos están a piques de rematar e que para na vindeira tempada os xogadores poderán utilizar as novas instalacións. Renovouse o céspede do campo de herba natural, dotouse de herba artificial ao campo de adestramento e instalaouse un novo sistema de rego para os dous terreos de xogo da Medela.

Desde a Deputación sinalan que estas colaboracións forman parte da súa aposta pola promoción do deporte como hábito de vida saudable, “capaz de dinamizar a economía e o turismo do Concello.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...