HomeDeportesRecoñecemento do Concello de Monforte aos atletas do Club Taekwondo Neka

Recoñecemento do Concello de Monforte aos atletas do Club Taekwondo Neka

O alcalde de Monforte vén de recibir a 6 atletas do Club Taekwondo NEKA que acadaron importantes éxitos no Campionato de Europa de Taekwondo que se celebrou en Antalya (Turquía) entre o 2 e o 4 de abril de 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Os taekwondistas monfortinos ós que se lles rendeu homenaxe foron Daniel Areal Grejs, Ana López Vázquez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez e Alejandro Losada Rodríguez. Os resultados conseguidos no Campionato de Europa de Taekwondo foron os seguintes:

  • Daniel Arean Grejs: Medalla de bronce en técnica individual, categoría cadete e Medalla de bronce en técnica parellas, categoría cadete (facendo parella con Laura Álvarez Suárez)
  • Laura Álvarez Suárez: medalla de bronce en técnica parellas, categoría cadete (facendo parella con Daniel Arean Grejs)
  • Alejandro Losada Rodríguez: Medalla de bronce en técnica individual, categoría senior
  • Equipo Freestyle Mixto: 7ª praza. O equipo estivo formado por Marco García Martínez, Laura Álvarez Suárez, Daniel Arean Grejs, Karla Novo Taboada e Ana López Vázquez.

O Alcalde felicitou aos deportistas en nome de todos os monfortinos e agradeceu o seu traballo para que “Monforte estea moi ben representado na elite do deporte europeo”.

Recepción / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...