HomeEconomíaSete días máis de prazo para solicitar as axudas da PAC

Sete días máis de prazo para solicitar as axudas da PAC

A Consellería do Medio Rural amplía o prazo de presentación de solicitudes para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que tramitan as subvencións.

Publicado o

- Advertisement -

O prazo inicial para presentar a solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) remataba o vindeiro martes, 30 de abril, e con esta medida amplíase ata o vindeiro sete de maio. 

Esta medida adóptase co obxecto de facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas para que poidan atender como corresponde a todos/as interesados/as. Con esta ampliación do prazo terán algo máis de marxe para atender as solicitudes de preto de 30.000 agricultores e gandeiros.

O pasado 31 de xaneiro saía publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.

Do orzamento previsto para esta convocatoria 2019-2020, o 80% correspóndese aos pagamentos directos da PAC e o resto ás medidas de desenvolvemento rural destinadas ás axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...