HomeEconomíaDous aceites da comarca de Quiroga estarán presentes na Semana Verde de...

Dous aceites da comarca de Quiroga estarán presentes na Semana Verde de Silleda

Aceites Figueiredo e Ouro de Quiroga acoden á mostra baixo o paraugas da Asociación de Produtores de Aceite de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Entre os días 6 e 9 de xuño estase celebrando en Silleda a XLII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Nesta mostra, un referente no sector da agroalimentación, estarán presentes as marcas Aceites Figueiredo, que xa participou na pasada Festa da Cereixa e do Aceite de San Codio (Ribas de Sil), e Ouro de Quiroga.

Aceites que comercializa Ouro de Quiroga, S.L. / XdL

Estas empresas acoden á Semana Verde baixo o paraugas da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG). Esta agrupación, creada no 2014, reúne a diversos produtores coa totalidade da súa produción en Galicia.

Ademais de amosar e comercializar os seus produtos, estas empresas tamén ofrecerán información sobre a actividade e os obxectivos da APAAG. A través dun folleto, tentarán dar a coñecer a principal asociación do sector oliveiral de Galicia entre o público xeral.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...