InicioEconomíaContinúa aberta a solicitude de axudas para as explotacións agrícolas

Continúa aberta a solicitude de axudas para as explotacións agrícolas

Nunha visita a unha granxa avícola en Ferreira de Pantón, José Manuel Balseiro destacou a importancia destas achegas para modernizar o sector agrícola galego.

Publicado o

- Advertisement -

O prazo de solicitude das axudas de apoio a investimentos nas explotacións agrícolas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de xuño. Concretamente, estas subvencións están destinadas a impulsar plans de mellora, promover a creación de empresas por persoas mozas e desenvolver pequenas explotacións.

Na convocatoria do ano pasado, Lugo foi a provincia máis beneficiada, con máis de 20 millóns de euros en axudas e 738 beneficiarios distribuídos en 16,27 millóns de euros para plans de mellora, 5,49 millóns de euros para novas incorporacións e 2,34 millóns de euros para pequenas explotacións. Nesta convocatoria, o orzamento total para toda a comunidade é de 42 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O pasado día 12 de xuño o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou unha granxa avícola beneficiada por estas subvencións en Ferreira de Pantón. Alí, destacou a importancia destas subvencións “para modernizar as explotación gandeiras e agrícolas; favorecer a incorporación de xente moza que colle o relevo no agro e para dimensionar pequenas granxas e facelas máis competitivas”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...