InicioEconomía‘Fin de curso’ para o Obradoiro de Emprego de Monforte

‘Fin de curso’ para o Obradoiro de Emprego de Monforte

O alcalde, José Tomé Roca, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, entregaron no día de onte os diplomas acreditativos aos alumnos/as que remataron con éxito a formación laboral.

Publicado o

- Advertisement -

Ao abeiro do programa de Obradoiros Duais de Emprego, o Concello de Monforte de Lemos puxo en marcha en novembro do 2018 un proxecto para renovar e modernizar as instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela de Monforte, na rúa Sober.

As instalacións desta escola obradoiro son dende hai anos unha referencia na cidade do Cabe por acoller escolas taller, obradoiros de emprego, cursos, etc, e dado o seu estado de deterioro decidiuse afrontar as reformas aproveitando a oportunidade de facelo a través dun programa subvencionado de fomento do emprego.

Tal programa foi o Obradoiro Dual de Emprego, promovido polo Concello de Monforte e subvencionado pola Consellería de Economía, o Fondo Social Europeo e a propia administración municipal, deu comezo o pasado mes de novembro baixo o título “Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro de A Pinguela”.

O obradoiro proporcionou formación e traballo práctico durante 9 meses a 20 alumnos/as aos que hai que engadir o persoal formador no que había 1 director, 2 docentes, 1 administrativo e 1 profesora de educación compensativa. Dos alumnos/as inscritos 12 desenvolveron traballos de albanelería e 8 tarefas de revestimento tendo rematado a formación satisfactoriamente e con dereito a diploma formativo 16.

José Manuel Balseiro e José Tomé entregando os diplomas. Foto: Prensa Concello de Monforte

Como complemento á formación devandita dende o Concello de Monforte, en colaboración con empresas do sector, presentaron o compromiso de inserción laboral para 8 dos alumnos/as que remataron con éxito o obradoiro. Estes, finalizado o mesmo, terán a oportunidade de traballar cun contrato laboral de duración mínima de 3 meses a xornada completa con previsión de incorporación ás empresas demandantes durante o mes de agosto. Para favorecer a contratación, o concello traballa na tramitación de subvencións de 1.500 euros por traballador a favor das empresas que solicitaron traballadores.

No que respecta ao financiamento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionou, a través do programa de Obradoiros Duais, as actuacións levadas a cabo na Escola Obradoiro de A Pinguela cun importe de 317.550,57 euros e o Concello de Monforte aportou uns 60.000 euros destinados a materiais e gastos non subvencionables.

Rematada esta 1ª fase de rehabilitación da Escola Obradoiro da Pinguela, o concello xa ten solicitada á Xunta de Galicia a posta en marcha da 2ª fase do mesmo para completar as obras iniciadas e seguir fomentando a formación e a inserción laboral dos alumnos/as.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...