HomeEconomíaAxudas para modernizar establecementos de aloxamento turístico na provincia de Lugo

Axudas para modernizar establecementos de aloxamento turístico na provincia de Lugo

As achegas enmárcanse no 'Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos' que impulsa a Consellería de Cultura e Turismo. Subvenciónanse accións de accesibilidade, modernización, incremento da categoría, mellora de servizos e aforro enerxético.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver as axudas dirixidas a entidades privadas para realizar actuacións de mellora de infraestruturas en establecementos turísticos de aloxamento, que en Lugo suman un investimento de preto de 214.000 euros para incentivar doce proxectos.

No caso do sur de Lugo seis son os establecementos que se beneficiarán desta liña de axudas económicas para ser máis competitivos á hora de ofrecer servizos de calidade e con prestacións de accesibilidade no que a aloxamento turístico se refire. En Folgoso do Courel están Casa Carlos e Casa Comerciante, en Monforte Conde de Lemos, en Pantón Oca Augas Santas, en Sarria o hotel Alfonso IX e en Taboada Casa do Romualdo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a meirande parte das axudas –o 41%- destínanse á mellora de hoteis, aínda que tamén acadan ao turismo rural, pensións e apartamentos turísticos.

As achegas, que se enmarcan no Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos que impulsa a Consellería de Cultura e Turismo, poden supoñer para os promotores entre o 30 e o 35 por cento do investimento subvencionable, ata un máximo de 35.000 euros. A través desta orde de axudas, que se convocan en concorrencia competitiva, a Xunta apoia accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Comprende, así mesmo, iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.

Os destinatarios das subvencións son establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector.

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...