HomeEconomíaSubvencións do Leader para novos proxectos no sur de Lugo

Subvencións do Leader para novos proxectos no sur de Lugo

O pasado 13 de setembro déronse a coñecer os proxectos aprobados pola Xunta Directiva do GDR Ribeira Sacra Courel correspondentes á convocatoria do 2019. As axudas para 26 iniciativas produtivas e non produtivas alcanza os 867.673,11 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A resolución desta terceira concesión de axudas do programa Leader 2014-2020 para 13 concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel, 12 deles do sur de Lugo (Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Pantón, Sober, Samos e Triacastela), beneficiará un total de 26 proxectos cun investimento que alcanza os 1.902.513,05 euros, dos cales 86.673,11 euros virán integramente de subvencións do programa Leader.

O desglose por tipoloxía de proxecto é o seguinte:

9 proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas investirán 254.139,93 euros e recibirán 173.626,97 de axudas Leader.

6 proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas investirán 63.516,77 euros e recibirán 39.818,08 do Leader.

11 proxectos produtivos investirán 1.584.856,35 euros e recibirán 654.228,06. Neste último suposto a previsión é que se podan crear uns 14 postos de traballo e consolidar uns 90 xa existentes.

Dende o GDR Ribeira Sacra agardan que esta resolución de proxectos Leader presentados sexan prometedores e sirvan de estímulo e motivación para futuros promotores de novos proxectos xa pensando na convocatoria dao 2020. O prazo de presentación está aberto ata o 31 de marzo dese ano.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...