HomeEconomíaSarria convoca aos hostaleiros para ir preparando o 'Tapicheo 2019'

Sarria convoca aos hostaleiros para ir preparando o ‘Tapicheo 2019’

A reunión cos establecementos interesados terá lugar o vindeiro venres día 27 de setembro ás 17:00 h. no salón de plenos do Concello de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Dende a Concellería do Camiño de Santiago e Cultura do Concello de Sarria traballan xa na organización da XIII Edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2019, evento que terá lugar, como de costume, a principios de decembro.

De cara a ir deseñando os diferentes roteiros e saber con que establecementos se pode contar para esta ocasión a devandita concellería convoca a tódolos hostaleiros do municipio interesados en participar no evento, a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres día 27 de setembro ás 17:00h, no salón de plenos do Concello de Sarria.

No ‘Tapicheo 2018’ participaron un total de 24 locais que se encaixaron en cinco rutas,  cada unha delas representada por unha cor, e que presentaron interesantes e saborosas creacións gastronómicas.

Esta actividade gastronómica, que se vén desenvolvendo dende hai doce anos, contribúe a dinamizar a hostalería local e o turismo en Sarria, motivo polo cal o actual goberno desta vila pretende reforzar a súa organización e promoción.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...