HomeEconomíaA vendima da Ribeira Sacra bate todos os récords

A vendima da Ribeira Sacra bate todos os récords

Entraron por primeira vez na historia desta denominación máis de sete millóns de quilos nas adegas da comarca.

Publicado o

- Advertisement -

A denominación de orixe Ribeira Sacra acaba de finalizar, despois de 51 días de traballo, a vendima máis produtiva da súa historia,na que case un centenar de adegas recolleron 7,2 millóns de quilos de uva, máis de seis deles da variedade preferente mencía.

Segundo informou o consello regulador, dáse por finalizada “oficialmente” a presente campaña, con 7.262.831 quilos de uva recollidas. “A vendima de 2019 convértese así na máis abundante da denominación de orixe Ribeira Sacra até a data, despois de rozar en 2011 os 7 millóns de quilos”, aclara o consello regulador, quen tamén destaca que este ano se superou a colleita da pasada campaña en “1,1 millóns de quilos” de uvas.

Así mesmo, destaca o órgano reitor o feito de que se recolleron 6.000.233 quilos de uva mencía, a variedade preferente que se utiliza para elaborar a inmensa maioría dos tintos da Ribeira Sacra. En canto aos brancos, a variedade godello, con 422.886 quilos recolleitos, é a máis abundante.

Ademais, nesta ocasión, “as condicións climatolóxicas foron favorables”, de modo que a uva entrou nas adegas nun óptimo estado sanitario.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...