HomeEconomía2,1 millóns de euros en axudas para promocionar o viño galego fóra...

2,1 millóns de euros en axudas para promocionar o viño galego fóra da UE

O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas remata o vindeiro día 14 de xaneiro de 2020. As achegas están financiadas ao 100% polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Publicado o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan axudas por importe de 2,1 millóns de euros para apoiar nos próximos dous anos a promoción do viño galego en mercados de terceiros países, fóra da Unión Europea.

Poderán acollerse a estas subvencións as empresas vinícolas, as organizacións de produtores e as súas asociacións, así como os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

Tamén se poderán beneficiar destas achegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola, que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as organizacións profesionais e interprofesionais do sector e as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

Ao abeiro destas axudas, as accións e actividades de promoción que se poden desenvolver son todas aquelas nas que se dean a coñecer as características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como os viños varietais. Entre as accións promocionais destacan campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios, degustacións, etc.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...