HomeEconomíaMelloras financieiras para empresarios e comercio de Chantada

Melloras financieiras para empresarios e comercio de Chantada

ABANCA asina un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra que aposta polo apoio e crecemento dun dos sectores máis presentes na nosa comunidade como é o comercio local  e de proximidade.

Publicado o

- Advertisement -

O convenio inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios deste municipio contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Os asociados tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes así como do servizo Alavuelta, que permite aos comercios coñecer as claves do seu negocio, atraer a novos clientes e fidelizar os que xa teñen. Ao coñecer a información de toda a operativa dos TPVs de ABANCA e o patrón de compra dos seus clientes con tarxeta, que garante en todo momento o anonimato dos mesmos, os comercios poderán perfeccionar as súas estratexias de venta e adaptarse aos novos comportamentos de compra dos usuarios.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...