InicioEconomíaPequenos negocios que resisten sen despedimentos nin ERTEs

Pequenos negocios que resisten sen despedimentos nin ERTEs

Aínda que pareza difícil, temos exemplos de resistencia no comercio de proximidade que aguantan estes tempos tan difíciles a base de esforzo e confianza nos equipos de traballo para poder tirar adiante. Coñecemos o caso dunha carnicería da Comarca de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A Carniceria Real naceu en Monforte no ano 1983 grazas ao investimento que fixeron tres irmáns, Luis, Benigno e Carlos, cos aforros de 25 anos de emigración en París. No 2007, o fillo de Carlos, Javier, decidiu tomar as rendas do negocio familiar e co paso dos anos foi incorporando persoal ata chegar aos 3 empregados que traballan actualmente, ademais del, na empresa.

A esencia deste negocio familiar, baseada na calidade da materia prima, a profesionalidade no servizo e o trato persoal ao cliente, non se perdeu cos anos e os traballadores que forman parte do equipo integraron perfectamente a filosofía e saber facer da carnicería.

Falamos con Javier Vázquez, un empregado máis segundo recoñece, que fala marabillas dos outros 3 traballadores, Mª Luz, Fernando e Juan. “Estou encantado co seu compromiso e de que os clientes traten con eles coa confianza de que eles son Carnicería Real sen necesidade de andar sempre pendentes do encargado ou do xefe”, afirma. 

Carnicería Real de Monforte

Especializados na comercialización de carne de porco?

Si.

Matades e elaborades? Que produtos elaborades e cales son os máis demandados, de sempre?

Matamos no matadoiro municipal, elaboramos chourizos, hamburguesas, pinchos, costela adobada, zorza e criollos, estes últimos representan unha parte importante do noso negocio.

Que conservades e que cambiastes no xeito de traballar respecto á xeración anterior?

Desenvolvemos novos produtos co paso do tempo, pero o xeito de traballar non cambiou, xa que os valores que me ensinaron creo que deben perdurar sempre.

Que fortalezas e que debilidades ten un negocio familiar e de proximidade na actualidade?

A fortaleza do negocio de proximidade está no trato persoal ao cliente e na calidade da materia prima, ao igual que nas facilidades económicas que podemos chegar a ofrecerlles se nalgún momento o necesitan. 

Como vos está afectando a crise da COVID19? Tivestes que reducir persoal pola corentena e a baixada de vendas? 

A hostalería representa un volume moi grande no noso negocio, ao igual que clientes particulares da contorna de Lemos que tampouco poden desprazarse. Ao principio baixaron as vendas un 70%, daquela empezamos a mover as redes sociais, facer repartos a domicilio en Monforte e nos pobos da contorna, desenvolvemos novos produtos como os precociñados co excedente de carne que tiñamos… e fixemos tamén algún sorteo co fin de manternos activos. Grazas a todo isto e ao compromiso da xente conseguimos manter toda a plantilla traballando sen necesidade de despedimentos nin de ERTE.

Juan facendo traballo de despece. Foto: J.V.

Unha aposta decidida polos teus traballadores.

Os traballadores temos que ter diñeiro para que poda funcionar todo, para consumir e que se mova a economía. Para min o máis importante é ter un colchón de liquidez preparado para aguantar todo o que se poda aos traballadores. Protexer ao obreiro paréceme un obxectivo básico. 

Están funcionando ben os sorteos e ofertas que estades lanzando estes días. Cóntanos. 

A verdade é que si. O que lanzamos a través do facebook semanas atrás foi un exitazo, participaron case 400 persoas para conseguir unha cesta de produtos que había de premio. En relación ás ofertas tamén están tendo moita saída os envasados precociñados.

Lote agasallo para o gañador do concurso

Potenciar o reparto a domicilio fixo aumentar os pedidos?

Si, aumentaron moito, tanto en clientes que tiñamos como en novos que nos descubriron ou redescubriron. Os encargos chégannos principalmente por teléfono e por whatsapp.

E que espazo xeográfico abranguedes?

Pois mira, podería dicirche que nos movemos comercialmente nuns 30 quilómetros á redonda. Chegamos, por exemplo, á Barrela, Sarria e Quiroga por poñerche algún exemplo.

Criollos

Para rematar, que teñen eses criollos que elaborades dos que tanto se fala? Hai receita secreta? 

O segredo está na carne e na receita que herdei dos meus pais, Carlos e Raquel. O normal é que a xente lle bote ao criollo a carne que non vende e nós poñémoslle carne boa, como se fose para chourizos. E despois non chega co preparado, que o ten calquera… hai que darlle “o toque da casa” a maiores.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...