Monforte lidera a baixada do paro en xuño

O concello rematou o mes de xuño con 47 parados menos, un mes no que a construción e a hostalería foron os sectores máis dinamizadores.

Oficina do INEM de Monforte / XdL

A secretaría de Acción Sindical de CC.OO. fai unha lectura positiva dos datos referidos ao desemprego do pasado mes. Dende o sindicato destacan o descenso do paro -en gran medida polo rescate de empregados dos ERTES- e refiren unha certa recuperación da hostalería e da construción, sobre todo na Comarca de Quiroga, con só 22 parados/as neste último sector.

O total de parados/as das comarcas de Sarria, Lemos, Chantada e Quiroga queda en 3.988 persoas, sendo Lemos a que mellor comportamento tivo en xuño con 44 desempregados/as menos.

Por comarcas, Lemos ten 44 persoas menos nas listas do INEM e queda cun total de 1.714, Sarria baixou en 4 e ten agora 1.276; Chantada queda con 714, 9 parados/as máis, e Quiroga sobe tamén con 3 desempregados/as no conxunto comarcal quedando cun total de 285.

Respecto aos datos concretos por concellos:

Na comarca de Sarria; O Incio ten 54 (-5), Láncara 127 (+5), Paradela 53 (+5), O Páramo 39 (-1), Samos 41 (+2), Sarria 929 (-5) e Triacastela 33 (-5).

En Chantada; Taboada ten agora 111 parados/as (-1), Carballedo 72 (+2) e Chantada 531 (+8).

Na comarca de Lemos; Bóveda 61 (+3), Monforte 1.159 (-47), Pantón 119 (+3), A Pobra do Brollón 75 (-3), O Saviñao 184 (-3) e Sober 115 (+3).

En Quiroga; Folgoso do Courel 56 (+5), Ribas de Sil 53 (+1) e Quiroga 176 (-3).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here