HomeEconomía270.000 da Deputación para melloras en estradas de Monforte e Bóveda

270.000 da Deputación para melloras en estradas de Monforte e Bóveda

A Deputación segue a mellora da estrada que une Monforte con Currelos e en Bóveda rehabilitará o firme da estrada de Remesar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte, a deputación continuará coa mellora da estrada que une a cidade co núcleo de Currelos, no Saviñao, a LU-P-3202, na que xa se acondicionaron 1,4 quilómetros o pasado ano, e agora, con este proxecto, acturará noutros case tres quilómetros (entre os puntos 4,000 e 6,800) cun investimento de 158.135,49 euros.

En Bóveda, a institución provincial rehabilitará o firme da estrada LU-P-0907, que une os municipios de Bóveda e Paradela, coñecida como a estrada de Remesar. As obras afectarán os tres primeiros quilómetros da vía, parte da parroquia de Teilán, en Bóveda, en concreto, entre os puntos quilométricos 0,350 e 3,250, e o orzamento co que saen a licitación ascende a 110.730,51 euros. A información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...