HomeEconomíaBos datos de emprego en agosto para Chantada

Bos datos de emprego en agosto para Chantada

Este concello conseguiu baixar o paro en 11 persoas. Por comarcas, Sarria volve ser a que máis reduce o desemprego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A zona sur de Lugo, entendida pola nosa cobertura informativa e que abrangue as comarcas de Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga, suma a finais de agosto 3.820 parados/as. A baixada, moi moderada, traduciuse en 23 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego.

Por comarcas, Sarria lidera unha vez máis o descenso e queda con 1.183 parados/as tras reducir o desemprego en 13 persoas. Chantada suma 686 e baixa 5, Lemos 1.691 (-4) e Quiroga 260 (-1).

Por concellos, Chantada contempla os mellores resultados mentres que Monforte os peores. O total de desempregados/as de agosto por municipios é o seguinte:

Comarca de Sarria: O Incio 49 parados/as (-5), Láncara 123 (+2), Sarria 876 (-5), Triacastela 26 (-2), Paradela 39 (-3), O Páramo 37 (queda igual) e Samos 33 (igual tamén).

Comarca de Lemos: Bóveda 61 (-4), Monforte 1.176 (+14), Pantón 115 (-5), A Pobra do Brollón 72 (queda igual), O Saviñai 162 (-5) e Sober 105 (-4).

Comarca de Chantada: Carballedo 80 (+7), Taboada 102 (-1) e Chantada 494 (-11).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 44 (-2), Quiroga 172 (+4) e Ribas de Sil 44 (-1).

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...