HomeEconomíaEntrega de 5.000 bonos do Plan de Apoio ás Familias de Monforte

Entrega de 5.000 bonos do Plan de Apoio ás Familias de Monforte

Resólvese a concesión das axudas englobadas no Plan de Apoio ás Familias e ós Sectores Económicos de Monforte. A partir do luns, 21 de setembro, entregaranse os primeiros 5.000 bonos de 25 euros a aquelas solicitudes presentadas polos cidadáns de Monforte entre o 25 de xuño e o 15 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde asinou este primeiro decreto de resolución do de Apoio ás familias e ós sectores económicos do Concello de Monforte tras a reunión da Comisión de Valoración destas axudas. Para o pago destas primeiras 1.935 axudas familiares destinaranse 125.000 euros. O Alcalde tamén explicou que, todos aqueles que presentaron a súa solicitude e que non saen nesta primeira lista de beneficiarios irán saíndo nas seguintes, “dado que a revisión a cargo dos funcionarios municipais das 4.525 solicitudes presentadas leva o seu tempo, e iremos sacando novas listas a medida que se vaian resolvendo os expedientes cada semana.” 

Entrega dos primeiros bonos-axudas 

O Plan de Apoio ás familias e ós sectores económicos de Monforte estableceu axudas a todos os cidadáns censados neste concello en función do número de habitantes empadroados en cada domicilio, segundo o Padrón Municipal:

  • Domicilios  de entre 1 e 2 membros,  2 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 50 €.
  • Domicilios de entre 3 e 4 membros,  3 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 75 €.
  • Domicilios de 5 ou máis membros,  4 bonos por vivenda de 25 € cada un, sumando un total de 100 €.

Requisitos para a recollida de bonos 

lugar de recollida dos bonos será o Edificio Multiusos, situado na Ronda María Emilia Casas Baamonde, sendo o horario de recollida dos mesmos polas mañas de 8:30 a 14.30 hs en 4 meses de entrega repartindo o listado por orde  alfabético entre as 4 mesas. 

A persoa beneficiaria do bono deberá presentarse o seu documento nacional de identidade (DNI), requisito imprescindible para recoller o seu bono. Os bonos facilitaranse por unha soa vez e estarán selados e asinados polo Alcalde de Monforte de Lemos.

Os bonos terán validez de uso ata o 13 de novembro aínda que se fose necesario ampliar o seu prazo de validez, o Concello anunciarao convintemente.

Unha vez entregados os bens, prestación de servizos ou realizado o consumo, no que non están incluídas as bebidas alcohólicas non alimentarias, a persoa que o realice entregará o bono asinado ó establecemento que quedará en posesión do mesmo e presentará a solicitude de reintegro no Concello acompañada do citado bono ou bonos.

Reintegro do importe dos bonos

Os establecementos comerciais e sectores económicos que reciban estes bonos como pago ós seus produtos e servizos, poderán solicitar no Concello o seu pago, presentando para elo o bono orixinal en papel que lles entregue o cidadán, acompañado dun impreso de solicitude específico que se poderá descargar da web do Concello ou recoller no Rexistro municipal. Para a presentación destas solicitudes de reintegro de bonos, non é necesario esperar ata o final do prazo de validez do bono.

Os bonos non poderán ser fraccionados, é dicir, o importe de cada bono só pode ser utilizado nun único establecemento, podendo ser utilizados todos os bonos no mesmo ou en diferentes negocios, sempre que o gasto mínimo sexa de 25 € para beneficiarse dos mesmos, na súa totalidade.

Alcalde informa que dende o Concello séguese a traballar para tramitar a resolución de entrega de bonos do resto de solicitudes presentadas, que foron un total de 4.525 solicitudes,  “cumprindo así co compromiso que adquirimos tanto cos veciños e veciñas como diferentes sectores económicos de Monforte, co obxectivo de axudar a todos os monfortinos ante esta dura pandemia da Covid-19 e impulsar a actividade económica dos nosos sectores produtivos”.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...