HomeEconomíaDesde a Ribeira Sacra incentívanse ideas fronte a Covid19

Desde a Ribeira Sacra incentívanse ideas fronte a Covid19

A asociación Semente Monforte convoca un Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática da COVID-19 en calquera das súas manifestacións. Repártense 15.000 euros en dous premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asociación Semente Monforte de Lemos creábase no ano 2014 cando a Lotaría do Neno caía en Monforte e un grupo de persoas e empresas quixo que ese impulso revertese na cidadanía. Así nacía o Concurso de Proxectos Empresariais que a pasada semana fallaba os premios da VI edición. Premios por valor de 20.000 para incentivar o emprendemento, apostando polo talento particular como orixe de iniciativas empresariais.

Con esta filosofía e a vontade de colaboración que está na base da asociación e do seu concurso de proxectos empresariais, a asociación non podía quedar sen facer a súa aportación nestes momentos de pandemia pola Covid19. Así convócase o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións.

Participa, emprende, gaña, axuda

Pode participar calquera persoa física ou xurídica que propoña unha idea empresarial (de carácter tecnolóxico, sanitario ou social) relacionada exclusivamente coa COVID-19. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 5 de outubro ao 5 de novembro do 2020. As persoas interesadas deberán solicitar a súa inscrición a través do sitio web: www.sementeribeirasacra.org

O xurado seleccionará aquelas ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. Unha vez seleccionadas as ideas, o xurado farao público o 20 de Novembro de 2020 no sitio web www.sementeribeirasacra.org

As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas deberán entregar, entre o 22 de novembro e o 22 de decembro de 2020, o proxecto rematado, aportando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. Os/as concursantes seleccionados/as deberán confirmar a súa intención de participar na fase final, en 7 días naturais dende que lles sexa comunicada a súa selección.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará a cada un destes proxectos para a súa exposición e defensa (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19). 

Os premios serán fallados o día 16 de xaneiro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan. As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración. 

A contía dos premios será a seguinte:

1º premio 10.000 Euros.
2º premio   5.000 Euros.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...