HomeEconomíaAxudas a asociacións sociais e a deportistas individuais do concello de Monforte

Axudas a asociacións sociais e a deportistas individuais do concello de Monforte

O concello de Monforte aproba as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións inscritas no Rexistro municipal de Asociacións, que realicen actividades de carácter social este ano e tamén as bases para as axudas económicas dirixidas a deportistas individuais do Concello de Monforte tempada 2019-2020.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas a asociacións de carácter social teñen por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva  destinadas a entidades e asociación sen ánimo de lucro que realicen proxectos de prestación de servizos sociais no Concello de Monforte de Lemos para o ano 2020. As axudas outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. 

O obxectivo do Equipo de Goberno é fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro municipal de asociacións atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

A contía destinada a estas subvencións para o ano 2020 ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de subvención por entidade. O importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 70% do seu orzamento.

Quedan excluídas para estas subvencións, as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenís, deportivas, ANPAS e profesionais. Inclúese con carácter excepcional na presente convocatoria o financiamento de actividades, material ou outros gastos extraordinarios ocasionados pola crise sanitaria da Covid-19 en relación co funcionamento dos centros e a realización de programas de inclusión social da súa titularidade.

prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á  publicación do extracto da convocatoria  no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo para a xustificación dos proxectos que acaden subvención rematará o 30 de novembro.

Axudas deportistas individuais

No caso das axudas do concello de Monforte a deportistas, o importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros. As persoas interesadas poderán presentar méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

A cantidade máxima de cada unha das bolsas establécese en 600 € por deportista. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

ÚLTIMAS

A lista de espera cirúrxica no Hospital de Monforte está 31 días por baixo da media galega, asegura o PP

Encarna Amigo e Katy Varela aseguraron que “o Hospital de Monforte consolidouse como un...

Poxa de gando en Seoane do Courel

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado 17 de maio...

Encontro do CEO do Grupo Indukern, ao que pertence Kern Pharma, co Alcalde e a Tenente de Alcalde monfortinos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada Rodríguez,...

O festival de Sarria ‘Move os teus marcos’ cambia de data

Dadas as previsións de choiva para a xornada deste domingo 18 de maio, día...