HomeEconomíaComarca de Chantada, a única que resiste á subida do paro

Comarca de Chantada, a única que resiste á subida do paro

O resto de comarcas acusaron un importante aumento do desemprego, tendo Sarria os peores datos xunto con Quiroga. Por concellos, salientar Carballedo e A Pobra do Brollón, con 10 parados/as menos en ambos casos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mes que vimos de superar remata cun total de 3.857 parados/as nas comarcas da zona sur de Lugo: Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga. A Secretaría de acción sindical de CC.OO. Lugo facilita os datos e amosa o seu descontento, informando ademais que 231 mozos e mozas menores de 25 anos están sen traballo neste territorio. A comarca de Lemos é a que peor números presenta neste apartado cun total de 99 mozos/as, 80 deles só en Monforte.

Por comarcas, Sarria remata setembro con 1.206 desempregados/as (+23), Quiroga suma 273 (+13), Lemos queda con 1.695 (+4) e Chantada, única que perde parados/as, acaba con 683 (-3).

Os números por concellos

Comarca de Lemos: Bóveda queda con 57 parados/as tras reducir o seu número en 4, Monforte de Lemos 1.196 (+20), Pantón 111 (-4), A Pobra do Brollón 62 (-10), O Saviñao queda con 162 e non sofre variación algunha e Sober 107 (+2).

Comarca de Chantada: Carballedo 62 (-10), Taboada 121 (+9) e Chantada 490 (-4).

Comarca de Sarria: O Incio 42 (-7), Láncara 125 (+2), Paradela 44 (+5), O Páramo 44 (+7), Samos 35 (+2), Sarria 891 (+15) e Triacastela 25 (-1).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 49 (+5), Ribas de Sil 48 (+4) e Quiroga 176 (+4).

A Secretaría de acción sindical de CC.OO. Lugo entende que é o momento de cambiar o modelo produtivo tras constatar que o sector servizos está esgotado, sendo o que máis desempregados/as acumula en todas e cada unha das comarcas -máis do 65,6% do total-. Neste senso avogan por recorrer ao sector da construción e da obra pública para tirar do emprego esperando que “o Goberno Central e o Ministerio, se lembren das obras prometidas, A-76 –Ourense-Ponferrada-, Autoestrada Nadela-Sarria-Monforte e A-72 -Monforte-Chantada-“.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...