InicioEconomíaCuarto ano de axudas á creación de empresas en Monforte

Cuarto ano de axudas á creación de empresas en Monforte

O prazo para solicitar as subvencións estará aberto ata o 30 de novembro unha vez se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que se prevé sexa mañá sábado, 7 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Monforte lanza o Programa de axudas municipais á creación de empresas, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego, apoiando e fomentando a posta en marcha de novos proxectos e iniciativas empresariais.

Esta convocatoria enmárcase no programa “Promoción do emprego, ano 2020” do Equipo de Goberno do Concello, que ten como obxectivo principal fixar poboación en Monforte e contribuír a un crecemento e desenvolvemento sostibles, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.

prazo para solicitar as subvencións estará aberto ata o 30 de novembro. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica municipal ou por calquera outro medio previsto pola Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Beneficiarios e contías das axudas

A estas axudas poderán acollerse os empresarios individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME) que comezaran a súa actividade entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020. Para elo, entenenderase como inicio de actividade a alta no IAE.

A contía prevista para estas subvencións ascende a 30.000 euros, e o importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros. Cómpre destacar que esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade.

Para poder solicitar estas subvencións, entre outros aspectos, os solicitantes deberán ter o seu enderezo fiscal e social en Monforte, a actividade empresarial ten que ser de nova creación, as persoas promotoras deben estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo. 

Por outra parte, os autónomos poderán ser beneficiarios das axudas cando formen parte dunha comunidade de bens, Sociedades Civís ou constitúan unha Sociedade Mercantil. 

Gastos subvencionables

A finalidade do Programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello de Monforte é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses da actividade.

En concreto, os gastos subvencionables por este Programa son:

– Gastos de constitución: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa: Visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos; alta no Rexistro Mercantil.

– Existencias iniciais de mercadorías: serán subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.

– Gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: serán subvencionables o 50% dos  gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa.

– Primas de seguros: serán subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade da sociedade (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).

– Subministracións e gastos correntes: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial: Auga, teléfono, electricidade, gasóleo/gasolina, material de oficina, asesoría (só cotas mensuais), gas, equipos de seguridade nas súas instalacións (só cotas mensuais).

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...