HomeEconomíaChantada e Quiroga, cara e cruz dos datos de paro por comarcas...

Chantada e Quiroga, cara e cruz dos datos de paro por comarcas en decembro

A Comarca de Quiroga chega a 2021 con 318 desempregados/as, 18 máis que no mes anterior, mentres que Chantada desconta 20 e remata 2020 con 715.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. de Lugo fixo unha valoración moi negativa dos datos de paro relativos ao mes de decembro e tamén no conxunto de meses do rematado 2020. Neste senso puntualiza que “de non ser polos ERTES a situación sería desoladora para centos de familias do sur lucense”.

Por comarcas, os datos máis esperanzadores son os de Chantada que baixou o paro nos tres concellos, 20 persoas en total respecto ao mes anterior -suma 715- e os peores os da Comarca de Quiroga que subiu en 18 o número de persoas sen traballo e queda cun total de 318. A Comarca de Lemos remata 2020 con 1.913, 8 máis que en novembro, e Sarria tamén con 8 desempregados/as máis suma 1.259.

DATOS DESAGREGADOS POR CONCELLOS

Comarca de Lemos: Bóveda 60 (-3), Monforte de Lemos 1359 (+30), O Saviñao 171 (igual que no mes anterior), Pantón 118 (-16), Sober 124 (-6) e A Pobra do Brollón 81 (+3).

Comarca de Chantada: Taboada 111 (-6), Carballedo 75 (-8) e Chantada 529 (-6).

Comarca de Sarria: O Incio 58 (+2), Láncara 123 (-8), Paradela 47 (+3), O Páramo 49 (-2), Samos 43 (+1), Sarria 911 (+11) e Triacastela 28 (+1).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 55 (+4), Ribas de Sil 65 (+9) e Quiroga 198 (+5).

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...