HomeMedio ambiente e PatrimonioA Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

A campaña arqueolóxica impulsada pola Xunta de Galicia na Cova Eirós e na veciña Gruta dos Bloques, no concello de Triacastela, localizou varios restos humanos da Idade do Bronce neste xacemento, o que permite aumentar o seu coñecemento histórico ampliando os períodos de ocupación no enclave e descubrindo o uso das súas cavidades como lugares de enterramento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración co grupo do GEPN-AAT da Universidade de Santiago de Compostela, do Institut Català de Paleocologia Humana i Evolució Social-CERCA da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, e da Universidade de Oviedo, e que pretenden seguir avanzando na investigación, na conservación e na posta en valor do patrimonio máis senlleiro de Galicia.

As tarefas de escavación levadas a cabo este verán confirmaron a existencia na cova de ocupacións máis antigas do Paleolítico medio. En concreto, a intervención no novo nivel 5 aportou novos materiais arqueopaleontolóxicos das ocupacións paleolíticas no sector da entrada que axudan a afondar no coñecemento sobre os Neandertais que habitaron as Serras Orientais hai máis de 45.000 anos. Estes grupos utilizaron esta cova como campamento durante estadías relativamente curtas, por iso é o nivel onde se atopa unha maior cantidade e densidade de restos arqueolóxicos como é o caso de lascas, raspadeiras e os restos da súa manufactura.

Ademais, nas cavidades do Monte Penedo, veciñas á Cova Eirós, descubriuse a presenza dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce, o que certifica o uso funerario destas covas entre o 1.600 e 1.500 a.C. Neste senso, na coñecida como Gruta dos Bloques recuperáronse máis de 50 restos óseos que, tras os estudos antropolóxicos pertinentes, indican que pertencen a un único individuo infantil de entre 6 e 8 anos de idade. Asociado aos restos humanos, recuperáronse tamén fragmentos cerámicos decorados que remiten a momentos da Idade do Bronce. 

Os achados amosan a importancia das covas para estas comunidades, non só como lugar de hábitat, senón como espazos funerarios, e aportan novos datos para entender a variabilidade das prácticas funerarias na Idade do Bronce no noroeste, nun momento no que noutros lugares de Galicia enterraban en cistas, en pequenos túmulos ou aproveitando antigos monumentos megalíticos.

Excavación Cova Eirós / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...