HomeEconomíaVantaxes para dixitalización de empresas e comercios de Taboada

Vantaxes para dixitalización de empresas e comercios de Taboada

ACIMTA, Asociación de comerciantes e industriais do municipio de Taboada, vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación ENVACO para bonificar o acceso dos seus socios á plataforma de venda online 'RuralSell'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada, ACIMTA, vén de asinar un convenio coa asociación de ámbito autonómico ENVACO, enfocada principalmente á creación de entornos virtuais para empresas e comercios.

Dentro do marco de colaboración con esta entidade, conseguiron unha serie de beneficios para os socios e socias. Entre eles destacan o acceso ao portal de comercio rural RuralSell con cota bonificada o primeiro ano e un desconto do 50% para os seguintes.

“O acordo será mellorado nos próximos meses buscando outros puntos de colaboración en prol dun comercio rural unido e competitivo”, din dende a directiva de ACIMTA.

Ambas directivas coinciden na aposta pola dixitalización como ferramenta para paliar a actual crise da COVID19 e para evolucionar con innovación de cara ao futuro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...