HomeEconomíaO proxecto de ampliación de Oviganic Ibérica en Monforte, iniciativa empresarial prioritaria

O proxecto de ampliación de Oviganic Ibérica en Monforte, iniciativa empresarial prioritaria

O Consello da Xunta vén de declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Oviganic Ibérica para a ampliación e modernización da planta produtiva que a empresa ten no municipio de Monforte de Lemos. O proxecto suporá a creación de 50 postos de traballo, entre directos e indirectos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación e modernización da fábrica –adquirida polo grupo chinés YeePer en 2019– ten como finalidade ampliar a súa capacidade produtiva e mellorar a súa competitividade, construíndo unha nova liña de fabricación de leite en po para alimentos infantís de alta gama e instalando unha planta de elaboración -a partir de nata procedente de leite de ovella, cabra e vaca- de aceite de manteiga, preparado base para a produción doutros produtos alimenticios.

O proxecto suporá a eliminación de custos económicos e medioambientais completando nun mesmo territorio as cadeas de subministración de materias primas e elaboración dos produtos, e implicará aforros enerxéticos importantes no proceso produtivo, o envasado, o transporte e a comercialización. Ademais, a partir do seu deseño como iniciativa tractora que complementa cadeas de valor, prevé dinamizar sectores económicos estratéxicos para Galicia, como as explotacións gandeiras de gando bovino, ovino e caprino. 

Oviganic Ibérica vén desenvolvendo de forma innovadora programas de industrialización e comercialización de produtos lácteos destinados á venda no exterior e que comercializa principalmente en China. A empresa está a realizar na actualidade investimentos por valor de case 16 millóns de euros para crear dúas novas liñas de desmineralización de soro e de envasado de mestura seca, que suporán un incremento do cadro de persoal a 66 traballadores, 17 máis dos actuais.

O proxecto de Oviganic Ibérica é a terceira iniciativa empresarial prioritaria de Galicia, unha figura contemplada na Lei de implantación empresarial e que se consolidará na Lei de reactivación económica que se tramita no Parlamento. Búscase así potenciar a captación de investimentos e a creación de emprego de calidade con máis simplificación administrativa, máis incentivos fiscais ás empresas e máis facilidades para acceder ao solo empresarial. 

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...