HomeEconomíaAdif destina 3,7 millóns a melloras na estación de Monforte de Lemos

Adif destina 3,7 millóns a melloras na estación de Monforte de Lemos

O diñeiro vai para o tratamento de plataformas e cruces entre plataformas na estación.

Publicado o

- Advertisement -

Adif aprobou a licitación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas na estación de Monforte de Lemos, por un importe de 3.766.577,06 euros (IVE incluído).

Segundo informou Adif nun comunicado, os traballos forman parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e “perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo”.

Estes labores, asegurou, “contribúen ao desenvolvemento doutros obxectivos fundamentais de Adif como a seguridade das circulacións ferroviarias e dos viaxeiros”, engade, “o tránsito e acceso universal dos usuarios e a integración das estacións no ámbito urbano fomentando a cohesión social dunha maneira sustentable”.

Os traballos servirán, á súa vez, para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo, abundou.

O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outros elementos da estación de Monforte de Lemos. “O obxectivo é adecuar a estación aos requirimentos técnicos, de interoperabilidade e de accesibilidade para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) que marca a normativa en vigor, en especial no relativo ás cruces de vías entre plataformas para viaxeiros, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega”, explica.

Este contrato enmárcase nas actuacións previstas por Adif para mellorar a seguridade dos pasos autorizados para o cruzamento de vías ao mesmo nivel en estacións de viaxeiros e outras contornas.

Ademais, estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sustentables).

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...