HomeEconomíaTriacastela destina parte do Plan Único a axudar a hostaleiros e comerciantes

Triacastela destina parte do Plan Único a axudar a hostaleiros e comerciantes

O Concello de Triacastela conta con 202.000 do Plan Único da Deputación, dos que como mínimo o 50% destinarase ao plan de obras e servizos e 19.655,48 ao programa de Axuda no Fogar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa supuxo no 2020 a contratación de sete auxiliares que atenderon a 11 homes e 13 mulleres cun total de 1.234 horas prestadas para o servizo. 

O Goberno local decide consignar 59.007 euros á mellora da pista de comunicación de Santa María do Monte a Vales aos que suma 27.746 euros para a mellora do acceso ao núcleo rural de San Breixo. 

A maiores, o programa de fomento do emprego supón un investimento de 71.641 euros, que se destinarán á contratación de tres peóns e un administrativo. Os peóns encargaranse dos traballos relacionados con acondicionamento, mantemento e limpeza de accesos a núcleos de poboación, camiños e viais municipais, limpeza e conservación de espazos públicos, así como mantemento e vixilancia de redes de saneamento, alcantarillado, abastecemento de auga e alumeado público, entre outras.

No apartado de turismo, reservánse 11.636 euros para a redacción e elaboración de contido audiovisual promocional de Triacastela co que dar un impulso ao sector e atraer novos visitantes. Pola súa banda, o programa administración electrónica e protección de datos absorbe 3.849 euros do Plan.

Axudas á hostalería e comercio

Entre as novidades deste ano destaca a creación dun programa de axudas a empresas e autónomos do municipio afectados pola pandemia, que estará dotado con 15.300 euros. As axudas irán destinadas ao sector turístico, comercial e á hostalería, os máis afectados por mor da pandemia e rexeranse por unhas bases nas que xa traballa o Goberno local.

O Concello de Triacastela comprométese a incluír no orzamento municipal do ano 2021 os fondos necesarios para facer fronte ás achegas municipais indicadas con cargo ao Plan Único.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...