HomeEconomíaChantada será a sede da consultora Resoluciona da cadea Hotusa, para xestión...

Chantada será a sede da consultora Resoluciona da cadea Hotusa, para xestión de axudas ao sector turístico

O obxectivo da iniciativa é mellorar a cooperación público privada e maximizar o número de oportunidades para o sector hoteleiro evitando o desequilibrio entre fondos públicos asignados e non executados que terminan retornando ao financiador.

Publicado o

- Advertisement -

Grupo Hotusa lanzou, en colaboración coa empresa Talentoeira, o proxecto Resoluciona, unha consultora especializada no acceso a subvencións e financiamento europeo focalizada no sector turístico.

O obxectivo da iniciativa é mellorar a cooperación público privada e maximizar o número de oportunidades para o sector hoteleiro evitando o desequilibrio entre fondos públicos asignados e non executados que terminan retornando ao financiador.

O grupo alega que os motivos que provocan que gran parte das axudas que as administracións asignan para as pemes non sexan, en moitos casos, nin sequera solicitadas polas dificultades de acceso e identificación de fondos europeos para o sector turístico, interpretación da linguaxe administrativa e neo linguaxes das bases reguladoras, o exceso de burocracia e o risco sobre a elexibilidade dos gastos ou investimentos, así como a interpretación das bases reguladoras.

Ante a pandemia, o sector turístico será beneficiario do MFF (Multiannual Financial Framework) da UE 2021-2027 dotado co maior orzamento da historia europea. Por iso, Hotusa quixo abordar este proxecto cun equipo técnico de expertos.

Resoluciona ofrecerá ás empresas turísticas un servizo integral de captación de financiamento con acompañamento en todo o ciclo desde a fase de identificación ata a de verificación. Para iso apoiarase en equipos multidisciplinares expertos nos marcos normativo, fiscal e de consultoría tecnolóxica. A consultora terá a sede social en Chantada.

Así, Resoluciona é a terceira alianza que asina Grupo Hotusa, tras os acordos pechados con Rinovo Consulting e Zip Zap Social para a creación de Revprice e Weglobeyou, respectivamente

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...