HomeEconomíaOviganic e Xunta acordan mercar e procesar o leite ovino e cabrún...

Oviganic e Xunta acordan mercar e procesar o leite ovino e cabrún de Galicia

Colaborarán para que a transformación do leite --ecolóxico ou convencional-- se produza en Galicia "de forma estable"

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta e a empresa láctea Oviganic Ibérica S.L., con sede en Monforte, asinaron este mércores un acordo a través do que a compañía pacta a compra de leite ovino e cabruna que se produza na comunidade galega.

Á firma asistiron, segundo informa a Xunta nun comunicado, o conselleiro de Medio Rural, José González; o director xeral de Oviganic, Joaquín Garrido; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

Por medio deste pacto, ambas comprométense a aumentar o número de explotacións ovinas e cabrunas, así como asegurar a viabilidade dos proxectos de industrialización agroalimentaria que “completen a transformación” e dean “valor engadido” aos produtos de orixe galega.

Nesta liña, o conselleiro destacou que este tipo de gandarías permiten “pór en valor” terreos de “escaso” valor agronómico “polo seu pedriza, pendente, accesibilidade ou dificultade de mecanización”.

González tamén quixo recalcar que ao apostar por este tipo de produción, “non só se crea actividade económica coa incorporación de novos emprendedores” ou o “incremento” da competitividade, sustentabilidade e o desenvolvemento “integral” do rural, senón que ademais se facilita “a reorganización territorial e se avanza na anticipación aos incendios”

Desta maneira, ambas as institucións colaborarán para que a transformación do leite –ecolóxico ou convencional— se produza en Galicia “de forma estable” e tentando “favorecer” as canles curtas de comercialización co fin de conseguir unha “maior” repercusión do valor engadido en produtores e colaboradores.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...