HomeEconomíaAs previsións de ocupación en Ribeira Sacra superan o verán de 2019

As previsións de ocupación en Ribeira Sacra superan o verán de 2019

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de informar dos datos que se manexan de reservas e as expectativas son moi optimistas para a campaña de verán deste 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, todos os datos dos que levan conta ata o momento apuntan a unha elevada ocupación neste xeodestino para campaña de verán, “incluso semella que podería ser a mellor ata o momento”, matizan.

INFORMACIÓN DA PÁXINA WEB

Do seguimento diario que realiza o Consorcio en relación aos accesos á páxina turismo ribeirasacra.org só nos meses de abril e maio deste ano rexistráronse 100.000 accesos, o que supón un 30% máis que no mesmo período do ano 2019 (pre-pandemia).

O mes de maio foi especialmente intenso na navegación dese portal. Collendo un día laboral de xeito aleatorio como pode ser  o 24 de maio e mirando o rexistro de 2019, obsérvase un reconto de 864 accesos; mentres que collendo o resumo de datos do 24 de maio de 2021 a cifra ascende a 2117.

Só nos meses de abril e maio deste ano rexistráronse 100.000 accesos, o que supón un 30% máis que no mesmo período do ano 2019

OCUPACIÓN NOS ALOXAMENTOS

A partires dos datos facilitados por máis de 30 establecementos de turismo rural e pola maioría de hoteis de 3 e 4 estrelas do xeodestino Ribeira Sacra,  o organismo turístico conclúe que a ocupación prevista para o mes que remata e para xullo e agosto sería:

Datos de ocupación TURISMO RURAL

Xuño: 70 % (40 % en 2019) +30%

Xullo e agosto: 95 % (70 % en 2019) +25%

Datos de ocupación HOTEIS 3 E 4 ESTRELAS

Xuño: 80 % (70 % en 2019) +10%

Xullo e agosto: 92,5 % (84% en 2019 ) +8,5%

Viñedo Chantada / D.O. Ribeira Sacra

Como remate a estas previsións, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra conclúe tamén que o sector en xeral é moi optimista e qie os profesionais son conscientes do esforzo e bo facer que esixirán as vindeiras semanas se se confirman estes datos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...