HomeEconomíaMellora do firme na LU-636, entre Sarria e Becerreá

Mellora do firme na LU-636, entre Sarria e Becerreá

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme desta estrada nun treito de nove quilómetros. O investimento será de 711.415 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación forma parte dun contrato maior cun orzamento de case 1,7 millóns de euros, que afecta ás obras de reforzo do firme en tres estradas: na LU-546, Nadela-Sarria-Monforte; na LU-741, entre o núcleo urbano de A Pontenova e Aldeguer; e a estrada LU-636, entre Sarria e Becerreá.

Estes nove quilómetros posúen treitos cun pavimento deteriorado que fan necesaria unha actuación de conservación programada e o reforzo do firme. Así, nuns catro quilómetros do casco urbano de Becerreá realizarase un reforzo do firme mediante o estendido dunha capa de cinco centímetros de mestura bituminosa en quente, previo estendido doutra de regularización, naqueles treitos onde sexa preciso.

Noutros cinco quilómetros, levaranse a cabo tarefas de mantemento do firme existente mediante, primeiro, a reparación de fochancas, perfilado de mordentes e tratamento asfáltico para, despois, aplicar rego asfáltico e engravillado, con selado de toda a vía.

As actuacións nestes nove quilómetros da LU-636 rematarán coa limpeza das marxes da estrada, a reposición e o pintado das marcas viarias e o reforzo da sinalización e das defensas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...